• Galego
  • Español
  • English

O Hotel

 

No centro de Santiago, na entrada á zona monumental polo histórico camiño inglés, atópase este pequeno hotel de 7 habitacións.

O primeiro trazo que resalta do Hotel Santa Clara é a sinxeleza da súa fachada, que se respectou á hora da súa restauración, contrastando coa imaxe limpa, luxosa e contemporánea do seu interior. Os proxectos de restauración e amoblamento do edificio foron obra do prestixioso arquitecto Iago Seara Morais, respondendo os criterios de modernidade e actualidade e sobre todo de eficacia e funcionalidade.

O luxo non está aquí na gran escala senón que se logra cunha acertada distribución espacial e tanto nos materiais (mármore, pedra, madeiras nobres, aceiros, vidros) como no especial coidado dos detalles e acabados.

Destacan a coidada iluminación e o mobiliario, especialmente concibido para o hotel.

Nas zonas comúns hai varios ambientes: cafetaría, salón social, sala de TV, pavillón acristalado con vistas ao xardín e patio con estanque e plantas trepadoras e olorosas.

Un lugar onde gozar dun ambiente tranquilo sen excesos decorativos.
Un hotel diferente nunha localización privilexiada no centro histórico.

©2009-18 Hotel Santa Clara Santiago de Compostela. Todos os dereitos reservados

Proxecto financiado
Logo do IGAPELogo da Consellería de Economía e Industria