Realizando a reserva na nosa web, garantimos o mellor prezo en liña

Pequeno hotel situado a 450 m da catedral de Santiago. Todo está ideado para a máxima comodidade e gozar da cidade. Xusto o que estabas a buscar! Para calquera consulta atoparanos de 08.00 h a 15.00 h no (0034) 981 574 003 onde lle atenderemos de forma personalizada.

O Hotel Santa Clara, pretende ser máis que unha habitación para pasar a noite, e converterse nunha porta de entrada a unha nova experiencia, xerando conexións coa cidade e creando recordos duradeiros e inspiradores. Creatividade, comodidade, hospitalidade e sustentabilidade son as nosas palabras chave nun ambiente familiar e relaxado É o lugar perfecto para escaparse con familiares ou amigos e compartir momentos únicos!